Regresa á Pobra unha nova edición dos cursos de poda e enxerto de árbores froiteiras

04 Xaneiro 2024

O Concello da Pobra do Caramiñal impulsa unha nova edición dun itinerario formativo de balde en materia medioambiental cunha grande aceptación: os cursos de poda e de enxerto das árbores froiteiras. A labrega e formadora Carme Freire Cruces asumirá novamente a impartición de ámbalas accións que se estenderán ata o verán, segundo avanzan o concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, e a técnica municipal desta área, Beatriz González.

Nas palabras do edil, apóstase novamente “pola capacitación da veciñanza no coidado das súas plantas; concretamente, ensinando habilidades para contribuír a un correcto desenvolvemento das árbores froiteiras e por causa da boa acollida rexistrada nas anteriores ocasións.”

A cuarta convocatoria do curso de poda arrancará coa parte teórica no 13 de xaneiro, dende as 10.00 ata as 14.00 horas, na aula de estudo situada no andar superior da Biblioteca Municipal. Os coñecementos adquiridos levaranse ao terreo durante a tarde, de 16.00 a 20.00 horas, coa poda en seco de froiteiras de óso e de pebida en parcelas.

A práctica continuará no 11 de maio, coa poda en verde, e no 31 de agosto coa poda de cerdeiras. Estas últimas xornadas realizaranse en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Doutra banda, a segunda edición do curso de enxerto iniciarase no 3 de febreiro cunha clase teórica na xa referida instalación municipal, de 10.00 a 14.00 horas, para proseguir coa práctica durante a tarde, dende as 16.00 ata as 20.00 horas, en parcelas, que se repetirá no 31 de agosto, nese mesmo horario.

O concelleiro confirmou que existe un límite de 15 prazas por acción formativa, polo cal se require a inscrición previa no enderezo electrónico medioambiente@apobra.gal ou de xeito presencial no Departamento do Medio Ambiente.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.