“Rearmar e afortalar o Estado plantando cara á amnistía que promove o Goberno” – Antón Luaces

04 Xaneiro 2024

Vai ser bonito este 2024 acabado de estrear, vai. Un ano que, polo visto, evidencia unha España “desarmada” -velaí o por que do “rearme” e sen azos- e que precisa, segundo fontes do PP citadas por un xornal madrileño, un “rearme e afortalamento do Estado”. 

Parte todo isto, na opinión dos “populares”, da consideración da ilegalidade da amnistía que “ataca a igualdade dos españois ante a lei” e, amais, “é ilegal”, tal e como afirmou este mércores o portavoz do PP no Congreso, Miguel Tellado.

A emenda á totalidade presentada onte no Congreso polo Partido Popular (PP) tenta “tombar a Lei de Amnistía” polo que, antes de que a mesma sexa de aplicación, o Estado español é necesario que se “reforce ante unha situación que se pode volver dar cos socios de Pedro Sánchez”: un referendo de autodeterminación que o PSOE e o Goberno rexeitan oficialmente conceder, e que Junts e ERC manteñen vixente sabedores de que -coida o PP- a continuidade do Goberno de Sánchez depende deles.

De aquí esa emenda á totalidade á amnistía, “ilegalizando” a aquelas “persoas xurídicas -entre as que figurarían organizacións e partidos políticos- “que participen en actividades que leven á deslealdade constitucional”, sempre segundo as fontes citadas polo mencionado xornal da capital de España.

Sería, polo tanto, incluír novos delitos no Código Penal que, relacionados coa deslealdade constitucional, castiguen a autoridades, cargos e funcionarios públicos que promovan a inobservancia das leis e o incumprimento das resolucións xudiciais tentando prexudicar a unidade de España. 

Van directos á tipificación das declaracións de independencias e os referendos e consultas “ilegais”, promovendo a disolución de organizacións e/ou persoas xurídicas que incorran en calquera “destes delitos”. 

É por todo isto que o PP coida necesario “rearmar e afortalar” o Estado de dereito e a democracia porque “as sucesivas cesións de Sánchez aos seus socios os debilitaron”: rebaixaron as penas por malversación, eliminaron o delito de sedición e agora borran delitos que van dende a corrupción ao terrorismo.

Diante de todas estas cuestións, non cabería preguntarse se o PP ten a idea de que o PSOE e o Goberno renuncian a seren reelixidos nas vindeiras convocatorias electorais?. Ou será que dan por feito que gobernar España é, actualmente, cousa dunha soa formación política, obviamente a súa?

…

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.