A Pobra reparte as últimas caramiñas e prepárase para o sorteo da viaxe a Eurodisney

03 Xaneiro 2024

O Nadal chega á súa recta final e tamén a campaña Consegue Caramiñas, Comparte Nadal. A concelleira da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal, Amparo Cerecedo, fixo a entrega das últimas caramiñas por un importe de 200 euros para trocar nos establecementos adheridos, se ben, comentou, ata o día 5 de xaneiro existe a posibilidade de gañara viaxe familiar a Eurodisney para catro persoas que patrocina a empresa local CONGALSA entre tódalas instantáneas tomadas dende o inicio desta acción orientada ás redes sociais.

Segundo engadiu a concelleira, as persoas que desexen optar a este premio deben compartir as fotografías tomadas nos photocall coñecidos como Recunchos do Nadal nas historias do Instagram, mencionando a conta @caraminhasnapobra.

Os ditos espazos están habilitados na Covecha, na praza de Galicia, na praza dos Irmáns Axeitos, no Mercado do Nadal, no parque de Raquel Fernández Soler, no Fogar do Nadal e na praza Victoriano García Martí.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.