O Concello de Ribeira recibe á campiona galega de boxeo Clara Millares

03 Xaneiro 2024

O Concello de Ribeira recibiu este mércores 3 de xaneiro á boxeadora Clara Millares, integrante do club El Canario. O pasado ano 2022, Clara Millares foi campioa galega de boxeo, e na modalidade de 60 quilos acadou o bronce nos campionatos de España Elite Feminino, ademais de obter a prata no nacional de clubs na categoría de 60 quilos. En 2023 volveu acadar o bronce no campionato de clubs de menos de 60 kgs e proclamouse campioa galega en menos de 63 quilos. Ademais, Clara adestra de xeito voluntario a un grupo de usuarios na disciplina de boxeo na Asociación Ambar.

Os membros do equipo de Goberno felicitaron á deportista polos éxitos acadados recentemente e por toda a súa traxectoria. O Concello agasallouna cunha peza de cerámica galega e cun bono de cen euros para gastar en tendas deportivas do municipio.

O alcalde destacou a “constancia e perseveranza de Clara para seguir acadando recoñecementos nun deporte no que, ademais, a preseza feminina é minoritaria”. Pola súa parte, o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, reafirmou o compromiso do Goberno co deporte de base e con tódalas entidades deportivas de Ribeira para a promoción do deporte na localidade.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.