Porto do Son será a primeira parada das Trail Series 2024 de Arousa Neo (o 28 de xaneiro)

03 Xaneiro 2024

Arousa Neo regálanos neste comezo do ano un acontecemento deportivo por partida tripla que reivindica a nosa comarca como escenario de primeira categoría para correr ou camiñar montañas. Estamos a falar das Trail Series 2024, que veñen cun trazado renovado e que teñen unha primeira parada en Porto do Son, o día 28 de xaneiro (o Trail da Ponte), para logo trasladarnos a Outes (o Trail de Outes, o 17 de marzo) e logo á Pobra do Caramiñal (o 26 de maio co Trail de San Isidro). Para as tres probas Arousa Neo contará co apoio e colaboración dos ditos Concellos.

Respecto da primeira parada, a de Porto do Son, terá saída na parroquia de Xuño e a partir de aí as e os participantes percorrerán “unha zona completamente nova do territorio sonense”, chegando até a contorna da espectacular fervenza da Madanela e subindo logo ao Monte Graiade. Así nos explican dende Arousa Neo o remate da xornada: “Para finalizar, á chegada agárdanos todo un agasallo para os sentidos: o mar, a praia, a ponte, o río, as sendas e os camiños verdadeiramente únicos”.

As inscricións están abertas até o 22 de xaneiro en www.trailseries.run. A saída será o 28 de xaneiro ás 10.30 horas no Polideportivo CEIP Xuño. Haberá dous percorridos de 21K e de 15K, ademais d 3 avituallamentos na distancia longa e 2 na distancia curta (incluíndo o de meta).

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.