Os electores galegos no estranxeiro poderán votar nas oficinas consulares entre o 10 e o 15 de febreiro

02 Xaneiro 2024


Os electores galegos no estranxeiro poderán votar nas próximas eleccións autonómicas, que se celebrarán o 18 de febreiro, ou ben por correo ata o 13 de febreiro ou depositando o voto nas urnas habilitadas nos consulados entre os días 10 e 15 dese mesmo mes.
O elector deberá darse de alta como non residente, encher o impreso de solicitude de documentación electoral e envialo a través da oficina consular. A continuación, recibirá no domicilio indicado a documentación electoral por correo postal e votará por correo á mesa electoral correspondente en España.

Para os residentes no estranxeiro, en primeiro lugar deberase comprobar se se está incluído nas listas do censo na sede electrónica do INE ou nas expostas na oficina consular e, se fose o caso, realizar reclamacións para corrixir erros.

Se se está no censo, recibirá no seu domicilio a documentación e poderá descargar as papeletas de voto correspondente. Así, unha vez aprobadas as candidaturas, recibirá no seu domicilio as papeletas correspondentes por correo postal e poderá votar por correo ou na urna habilitada na oficina consular.

En total, 2.693.624 galegos poderán votar nas eleccións autonómicas que levarán a cabo o próximo 18 de febreiro, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Deles, 2.217.110 residen en Galicia e 476.514 no estranxeiro.

Por circunscricións, na Coruña serán 1.088.386 os galegos con dereito a voto, sendo a máis ampla, seguida de Pontevedra, con 911.704 sufragistas. En Lugo poderán emitir o seu voto 337.734 persoas e en Ourense, 355.800.

En canto ao voto de residentes no estranxeiro, o INE explica que non é necesario solicitude previa, polo que a Oficina do Censo Electoral (OCE) enviará a todos eles a documentación necesaria para o voto en dous envíos independentes.

Por países, Arxentina é o que maior número de electores galegos contabiliza, con case 166.300 persoas, mentres que Cuba e Brasil superan os 45.000.

O censo electoral de residentes en España poderase consultar do 1 ao 8 de xaneiro nos concellos e nas delegacións provinciais da OCE. Os residentes no estranxeiro poderán comprobar os seus datos nesas mesmas datas nas oficinas consulares. Tamén está dispoñible na sede electrónica do INE.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.