O Concello de Ribeira entrega os premios dos concursos de Nadal

29 Decembro 2023

O Concello de Ribeira repartiu este venres 29 de decembro os premios dos concursos de decoración de Nadal en establecementos do comercio e da hostalaría locais. O tenente de alcalde Francisco Suárez, a concelleira de comercio Genoveva Betanzos e a concelleira de Cultura Antía Alberte, entregaron as cestas ás persoas propietarias de establecementos que se implicaron na decoración dos seus locais cunha temática de Nadal.

“Dámos os parabéns aos establecementos gañadores e animamos a que se animen moitos máis o próximo ano”, declarou Betanzos. A concelleira de Comercio asegurou que “este Goberno ten a firme vontade de potenciar o comercio local, por iso os premios son cestas confeccionadas por negocios de Ribeira e os premios monetarios son bonos para consumir na hostalaría e nos comercios do noso concello”.

Acto seguido entregáronse os premios ás mellores decoracións de vivendas, balcóns e xardíns de Ribeira e das parroquias. Este concurso outorgou premios cun importe total de 6.750€, distribuídos en tres categorías e tres premios para cada unha das nove parroquias do Concello de Ribeira. O primeiro premio foi un bono regalo por valor de 400 euros para gastar no comercio local, o segundo premio unha cesta por valor de 200 euros, e o terceiro unha cesta por valor de 150 euros.

Os edís Francisco Suárez e Antía Alberte concluíron o acto desexando á cidadanía unhas boas festas e felicitando ás veciñas e veciños premiados por animar estas datas coas súas decoracións, das que destacaron a súa calidade e vistosidade.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.