ADISBISMUR realiza melloras nas instalacións do seu centro ocupacional de Valadares (Outes)

26 Decembro 2023

A Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR) está a levar a cabo obras de mellora nas instalacións do centro ocupacional que ten situado en Valadares, no concello de Outes. Os traballos a desenvolver poñen o foco nas fachadas do inmóbel, con vistas a protexer a temperatura interior e de evitar as filtracións de humidades polas paredes exteriores, co seu conseguinte aforro de enerxía.

Segundo informou a confederación galega COGAMI, as obras de remodelación son posíbeis a través do co-financiamento da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia que xestiona os fondos do 0,7% do IRPF de todas as persoas contribuíntes que marcaron o recadro de Actividades de interese xeral cando fixeron a declaración da renda.

COGAMI tamén salienta que as melloras na fachada do centro beneficiarán ás 52 persoas usuarias que acoden de luns a venres a estas instalacións para recibir unha formación académica, laboral  e de desenvolvemento persoal co fin de lograr unha mellor autonomía persoal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.