Unha nova actuación no IES de Porto do Son eleva o investimento da Xunta na comarca do Barbanza a 7,2 millóns de euros

22 Decembro 2023

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, anunciou hoxe a licitación dunha nova actuación no IES de Porto de Son
de 435.000 euros o que eleva o investimento comprometido pola Xunta de Galicia na comarca do Barbanza a máis de 7,2M€ entre grandes obras, obras menores e a instalación de placas fotovoltaicas.
Trenor subliñou que esta actuación busca “mellorar as condicións xerais do centro, en especial o confort do alumnado e do profesorado e a eficiencia enerxética”. A intervención contempla a substitución da cuberta de 2.279 metros cadrados, a construción dun soportal de acceso ao polideportivo e a renovación da fontanería.
Nunha visita ao instituto, o representante da da Xunta de Galicia explicou que esta actuación se enmarca no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, a folla de ruta do Goberno galego para renovar as instalacións educativas e adaptalas ás necesidades do século XXI.
“Este plan ten entre as súas prioridades mellorar a eficiencia enerxética dos edificios educativos, o que redunda ademais nun maior confort térmico para todos os membros da comunidade escolar”, sinalou o delegado. “Actuacións como esta, de renovación de
cuberta que acometeremos neste instituto, son fundamentais para avanzar neste obxectivo de acadar centros educativos máis verdes e máis respectuosos co medio ambiente”, destacou.
Obras centros educativos Barbanza
Esta nova intervención súmanse ás que o Goberno galego está executando en toda a comarca. Concretamente, a Xunta de Galicia está a investir case 7,2 millóns de euros en 32 actuacións que inclúen 11 grandes obras en Lousame, Noia, Outes, A Pobra do
Caramiñal, Porto do Son, Rianxo e Ribeira, a instalación de placas fotovoltaicas en centros educativos de Muros, Noia e Ribeira e 18 obras menores en 17 colexios e institutos da comarca do Barbanza:

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.