Un accidente en Outes con tres turismos implicados sáldase con tres persoas trasladadas

21 Decembro 2023

Tres persoas resultaron feridas esta tarde tras colidir tres coches que circulaban pola parroquia de Valadares, en Outes.

Os feitos ocorreron pasados uns minutos das 17 horas da tarde cando un particular implicado informa ao 112 Galicia do sinistro. No seu relato indica que acababa de ter un accidente no que se vían involucrados tres vehículos na DP-6202, no quilómetro 8 aproximadamente.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia solicitábase a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Boiro, do GES de Noia, dos axentes da Garda Civil e dos membros de Protección Civil de Outes.

Finalmente, o persoal sanitario informa ao 112 Galicia de que tres persoas tiveron que ser trasladadas ao centro hospitalario de referencia.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.