BeOne permite aos usuarios do complexo deportivo rianxeiro sumar quilómetros solidarios nunha cinta de “running”

20 Decembro 2023


BeOne, a empresa que xestiona o complexo deportivo municipal da Piscina de Rianxo, lanza a iniciativa Quilómetros Solidarios, encadrada no Plan Vive BeOne, que, ao longo deste ano 2023 mobilizou a miles de socios e socias nas súas cinco actividades.

O centro rianxeiro puxo a disposición dos usuarios unha cinta de correr solidaria, onde poderán acumular quilómetros que se sumarán ao total da súa instalación. BeOne estendeu esta iniciativa a nivel nacional, converténdoa nunha competición entre todos os centros do grupo. Segundo explica a empresa, o centro que acumule a maior cantidade de quilómetros ao finalizar a competición terá a oportunidade de doar 3.000 euros a unha ONG local. No caso da instalación de Rianxo será Cáritas. As datas para correr e permitir que os socios do complexo deportivo poidan achegar cadansúas contribucións solidiarias serán do 19 ao 21 de decembro, ofrecendo aos participantes un período de tres días para botar unha man cos seus quilómetros.

Quilómetros Solidarios alíñase cos principios fundamentais do Plan Vive BeOne, que busca “promover un estilo de vida activo, saudábel e solidario entre os seus socios”. Esta actividade representa a última fase do plan anual da empresa, que engade dende o lanzamento do Plan Vive BeOne a principios de 2023, “a resposta dos socios foi impresionante, mobilizando a miles de persoas en diversas actividades deseñadas para mellorar a saúde física e mental”.

Para máis información, Departamento de Comunicación de BeOne – marketing@beone.es

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.