Medio Ambiente confirma que achegará un empréstamo ao Concello do Son para a conversión da estrutura dun inmóbel non rematado en centro de saúde

15 Decembro 2023

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, anunciou a concesión de 6,3 millóns de euros en préstamos sen xuros a 15 concellos para financiar actuacións de rehabilitación e conservación de inmóbeis municipais. Así o confirmou dende Porto do Son a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, durante o acto de sinatura dos convenios de colaboración cos municipios beneficiarios, entre os que se atopaba o de Porto do Son, beneficiario dun empréstamo para recuperar a estrutura dun edificio non rematado (na imaxe) con vistas a convertela no novo centro de saúde.

A vicepresidenta segunda subliñou que “este programa de financiamento ten por obxectivo, entre outras cuestións, adquirir e rehabilitar inmóbeis en estado deficiente de conservación como medida de protección do patrimonio cultural e arquitectónico, do medio ambiente, da paisaxe e do territorio”. Ángeles Vázquez explicou que estes préstamos, que se conceden ao abeiro do Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes, deberán ser reintegrados polos municipios nun prazo de 8 anos. Salientou tamén que este fondo finánciase con cargo ás fianzas de alugueiro depositadas no IGVS, cuxa devolución aos depositarios está plenamente garantida.

Este ano, serán 24 as actuacións municipais que se executarán ao abeiro deste programa, grazas aos convenios de colaboración asinados entre a Xunta e os 15 concellos beneficiarios: Ares, Barbadás, Begonte, Curtis, Fornelos de Montes, Gondomar, Lousame, Marín, Mesía, Moaña, Palas de Rei, Porto do Son, Verín, Vilagarcía de Arousa e Xermade.

Entre as actuacións que se levarán a cabo, Ángeles Vázquez salientou o proxecto de Porto do Son para converter un inmóbel, en esqueleto e abandonado desde hai anos, no futuro centro de saúde da localidade. A maiores, os concellos tamén financiarán iniciativas para a humanización de rúas e núcleos municipais, o acondicionamento de edificios municipais, a dotación e mellora de instalacións deportivas, ou a rehabilitación e posta en valor de inmobles de especial valor histórico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.