Mais de 200 persoas citadas en Ribeira a través do Servizo de Emprego

15 Decembro 2023

O Programa Integrado de Emprego (PIE) de Ribeira, que ten o obxectivo de mellorar a empregabilidade da cidadanía por medio de accións complementarias de orientación, formación e intermediación laboral, é estes días un fervedoiro de actividade. Segundo explicou o Concello facendo balance do PIE, Servizos Sociais Comunitarios de Ribeira realizou máis de 200 entrevistas, e delas, máis de 100 persoas foron convocadas no Viveiro de Empresas entre os días 12 e 14. Deste xeito, setenta das 100 prazas xa están preseleccionadas.

As persoas interesadas poderán achegarse a pedir información e adherirse ao programa durante toda a semana próxima en horario de 8 a 14 ou ben nos teléfonos 669150809/628557348.

“Este programa está dirixido a persoas con discapacidade, en risco de exclusión, mulleres vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos con baixa cualificación e persoas inmigrantes”, explicou a concelleira de Emprego, Veva Betanzos, engadindo que ao abeiro do programa levaranse a cabo formacións específicas e obradoiros para a busca de emprego, comunicación, habilidades sociais, preparación de entrevistas, emprendemento e mobilidade laboral. Entre as formacións, destacan cursos de inglés para o sector comercio, manipulador de alimentos, animación turística ou preparación e venda de peixe.

Segundo explicou o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, como medidas de conciliación “adaptaranse os horarios, combinando a orientación presencial coa telefónica e intentarase adecuar o horario ás necesidades das persoas participantes”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.