“Atopei a solución aos problemas do mundo” – Manuel Domínguez

14 Decembro 2023

Como sabedes, dedícome son só ao estudo da política, senón tamén á socioloxía, ao pensamento, ao estudo funcional do cerebro (para o descanso outros libros máis amenos), e compartir un café con amizades cotiás, escoitalas, escoitando apréndese máis que falando.

E velaquí a solución á que chego.

Divido o ano en dous semestres, o primeiro semestre dedícase a eleccións, para alcaldías, para comunidades, eleccións para o estado, para as europeas.

Así, este semestre teriamos a promesa de atopar solución a todos os problemas e de que todas as necesidades serian cubertas, ofreceríasenos mais do que puidésemos esperar.

Tal é o caso da aldeíña Camino Ancho, onde o candidato prometeu o seguinte: ”Prométovos facer festivo os días pares, celebrando as vésperas”. Un velliño algo xordo pregunta que di o señor candidato, di que vai facer festivo os días pares celebrando as vésperas. “Esta ben, pero non di nada das vacacións”, responde.

Os outros seis meses, serian para festas parroquiais, entroidos, e Nadal.

O noso cerebro estaría pletórico de escoitar felices festas, bo ano, postais, deséxote o mellor, que se cumpran os teus soños, ou chamadas de bos desexos, paz e ben, alegría, boas palabras mesmo para aquel que non coñeces, abrir champán celebrando a lotería, alegría e palabras de amor, aínda que certamente falsas, falsos desexos, pero en fin, non hai que ser tan tiquismiquis, tan analítico.

Evidentemente unha análise, xa non profunda, un vista xeneral a este soño e a realidade non aguanta nin un minuto, todos sabemos que o primeiro semestre estaría cheo de mentiras, de falsidades, pero en fin, a palabra é a palabra, aínda que sexa de cartón pedra.

A segunda agás casos excepcionais, seria máis do mesmo.

NOTA – aclarando, é fundamental, entre todo este circo hei de dicir que vin xente, persoas fantásticas que cada día traballan por mellorar o mundo, coñezo persoas marabillosas, anxos sen ás, que cada día fan milagres.

Cando teño a oportunidade dígollo, e fago probas de agradecemento.

Díxome un calquera, non tes que ser agradecido, páganlle polo seu traballo.

A última, díxenlle á enfermeira, grazas es moi amable, xa sei que talvez non necesites as miñas palabras, pero en fin quero que o saibas, agradezo a túa sensibilidade.

Ao que ela respondeu, “oh non!, claro que aprecio as túas palabras, é bo escoitalas, grazas”.

Eu agradezo que me leas, que xeres debate, que o comentes, é unha forma de dialogar.

Hai unha certa linguaxe putrefacta da que escapo, logo hai outra con aroma a resío, a primavera, da que me cubro.

Bo nadal, que sexades felices.

Foto- Anxos sen alas autor MD

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.