“Todo é segundo a cor do cristal co que se mire”. Antón Luaces

13 Decembro 2023

Non sae moi lucido o eurocomisario Sinkevicius do Consello de Ministros de Pesca celebrado en  Bruxelas como acto final da Presidencia española. As críticas ó labor do eurocomisario arrexan desde os distintos implicados ou afectados nas decisións tomadas. Por exemplo, desde a patronal pesqueira CEPESCA, cuxo secretario Xeral, Javier Garat, entende que o acordo de TAC aprobado é desigual: a medida pactada para o Mediterráneo será máis complicada para o sector porque esta negociación, se ben permite introducir individualidades que mitigarían o impacto na redución de días  pactada, do 9,5%, a pouca flexibilidade amosada polo comisario Sinkevicius deixa a redución no 3,15%.

Javier Garat coida que a redución dos días de pesca é moi inferior dos 9,5% prantexados pola Comisión Europea. Por este motivo pide ao Goberno que sexa flexible á hora de aplicar os criterios e o mecanismo de compensación na frota do Mediterráneo, “que sentemos pronto para velo e que  fagamos todos o maior esforzo posible para que o impacto na nosa frota sexao menor posible”.

CEPESCA valora en termos máis positivos  o aumento do 9,7% das capturas de pescada sur para España e o incremento acordado para a meiga (11,4%), e o peixe sapo, (7,3%) no caladoiro nacional onde, amáis, se mantén un TAC de 33.000 toneladas para o bocarte do Golfo de Biscaia. En troques, considera preocupante a diminución das cotas de especies do Cantábrico Noroeste como o badexo (-53%), o merlán (-40,8%) ou o linguado (-17%-34%, dependendo da especie) e a solla (-20%) que poden afectar negativamente a varias frotas na zona do Golfo de Cádiz.

Pola súa banda a Federación Andaluza de Asociacións Pesqueiras (FAAPE) lamenta a “intransixencia” de Bruxelas coa súa proposta de reducir os días de pesca un 9,5%, porque as medidas da flexibilización introducidas non son abondo (os recurtes foron “brutais” e non se tiveron en conta os esforzos dos últimos anos  feitos polo sector pesqueiro andaluz, cunha actuación do comisario “máis propia dun medioambientalista”. FAAPE demandará un trato especial para aqueles barcos que teñan menos de 130 días de pesca. Afirman que a situación é insoportable  e que a maioría dos barcos quedarán amarrados a porto, ao ser inviable a súa actividade. Pregúntanse que empresa en España sobrevive contando con so 130 días menos de actividade.

España conta con perto de 8.700 buques na súa frota pesqueira. Ocupa o terceiro lugar en número de embarcacións por detrás de Italia e Grecia, dos que un 95% faenan no caladoiro nacional. En augas comunitarias  operan 99 barcos (frota de Gran Sol e en augas de Portugal). A frota internacional está integrada por 108 barcos que operan en todos os océanos: Atlántico, Índico e Pacífico.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.