“A mellor cota de pescada sur: 10.971 toneladas, a máis alta do que vai deste século” – Antón Luaces

13 Decembro 2023

España despediu a súa Presidencia do Consello da UE cun acordo pesqueiro cualificado de “satisfactorio”  para a frota comunitaria e con moi bos resultados para España,segundo o ministro Luis Planas.

O Consello de Ministros de Agricultura e Pesca da UE -derradeiro desta Presidencia española- rexistrou “longas e complexas” negociación e fitos relevantes como a aprobación dunha cota histórica para a pescada sur  ou a fixación, por  vez primeira, de cotas plurianuais en nove pesqueiras para dotar de estabilidade

á actividade empresarial Pesqueira (una das prioridades da Presidencia española do Cionsello).

Acadáronse acordos entre Presidencia, Comisión e Estados membros e houbo información científica dispoñible para protexer a biodiversidade mariña e asegurar o mantemento  da actividade pesqueira. Deste xeito puideron tomarse decisións que significan entendemento e información.

O caso da pescada sur saldouse cunha cota de 10.971 toneladas, unha cota “histórica”, a maior no que vai de século XXI, segundo afirmou o ministro Planas, porque é una Pesqueira que beneficia a practicamente toda a frota española que faena no Atlántico.

Significa máis cota para barcos galegos, asturianos, cántabros, vascos e andaluces. Por primeira vez o traballo conxunto da Presidencia española do Consello da UE, xunto co da Comisión Europea e o apoio dos Estados membros, acadou que se fixaran cotas plurianuais -de dous e mesmo tres anos, ata 2026- para nove pesqueiras en augas comunitarias de solla, merlán, badexo, cigala e linguado, feito que, como diciamos, dota de estabilidade e certidume á actividade da frota, dixo o ministro español.

Tamén por primeira vez nos consellos de ministros que deciden TAC e cotas, a reunión naceu cun traballo feito que se traduciu no peche, dous días antes, dos acordos máis importantes con terceiros países, Reino Unido e Noruega.

O acordo co Reino Unido permitirá á UE capturar case 388.000 toneladas de peixe en augas compartidas do Atlántico. E no pacto trilateral entre a UE, Reino Unido e Noruega, centrado nas augas compartidas do mar do Norte, estabelécense uns TAC de 915.000 toneladas , que acordan una cota para os países comunitarios de case 415.000 toneladas de bacallau, eglefino, fogoneiro, merlán, solla e arenque.

No Mediterráneo occidental -onde faenan barcos de Italia, Francia e España- minimízase o impacto do recorte do 9,5% dos días de captura previsto pola Comisión Europea ao se elevar o mecanismo de compensación ao 6% xa que logo evitou a captura de xuvenís e as paradas espazo-temporais- Deste xeito o recorte inicial do 9,5% dos días de pesca no Mediterráneo rebaixan ao 3,5%.

No Atlántico -onde a mellora da cota de pescada sur é dun 9,7% superior á de 2023- tamén se producen subas das capturas permitidas para o gallo (11,4% a respecto de 2022) e o peixe sapo (7,2%) capturado en augas do Cantäbrico e NO, Portugal e Golfo de Cádiz, incrementa outro 5,3%, o que beneficia a Galicia, Asturias, Cantabria, País Basco e Andalucía; e para o xurelo sur, de Galicia e Andalucía. No que atinxe ao bocarte do Golfo de Biscaia (frotas de Euskadi, Cantabria, Asturias e Galicia)  os TAC van manterse en 33.000 toneladas. A cigala do leste do Cantábrico seguirá aberta cun volume de 12.400 toneladas, un 3% máis que en 2023- para o vindeiro exercicio, mentres que a cigala do Golfo de Cádiz mantén a cota de 2023: 32 toneladas.

E para o conxunto de especies de linguado no Cantábrico e NO., augas de Portugal e Golfo de Cádiz, diminúe a redución proposta inicialmente pola Comisión, que pasa do -33% ao -17%.

O lirio (frota galega) representa un 12% no Cantábrico e NO., Portugal e Golfo de Cádiz, acadando una cota de 50.000 toneladas no acordo co Reino Unido.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.