Preto de 30 comercios locais de Ribeira sumáronse  á Campaña de Nadal “Envolvendo ilusións” de AGADEA

12 Decembro 2023
Na Farmacia de Sanmamed

A asociación AGADEA Alzhéimer levou a cabo unha iniciativa solidaria esta semana ao repartir entre 27 comercios locais de Ribeira ata 50 bólas decorativas de Nadal e 500 etiquetas feitas a man polos usuarios da entidade nos seus obradoiros de laborterapia. 

Segundo informou a asociación acerca dos resultados da iniciativa, un dos aspectos máis destacados desta campaña é que os agasallos foron entregados en persoa polos propios usuarios de AGADEA en cada un dos comercios.

En Pillados

A entrega directa, salienta a entidade, “non só contribúe á socialización dos usuarios, senón que tamén permite compartir o seu traballo artesanal coas persoas que compran nestes establecementos”.  Desta maneira, o consumidor final terá a sorte de recibir unha destas etiquetas de AGADEA no seu agasallo.   

En A Froitería

Para dar aínda máis alcance a esta iniciativa, está a levarse a cabo unha campaña de difusión nas redes sociais, co obxectivo de fomentar o apoio ao pequeno comercio e sensibilizar á poboación sobre a realidade do alzhéimer.

En A de Etelvina

A entidade destacou, de forma especial a importancia de “fortalecer os lazos das persoas maiores coa comunidade en a que viven” ademais de dar “maior visibilidade para os comercios locais”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.