“O que remata é o ano máis cálido dende que existen rexistros” – Antón Luaces

12 Decembro 2023

A estimación ten en conta as variacións rexistradas na temperatura do aire, a cobertura do xeo e as variables hidrolóxicas a escala mundial. E aínda así, partidos políticos e organizacións cidadáns seguen non só a poñer en dúbida as previsións sobre o cambio climático, senón que negan a existencia deste cambio que se sustenta no día a día en todo o mundo.

O que se evidencia é que, moi probablemente, 2023 será o ano máis caloroso xamais rexistrado, segundo a previsión do Servizo de Cambio Climático de Copernicus, cuxa estimación está baseada nos rexistros tomados ao longo de todo o ano a través do Centro Europeo de Previsións Meteorolóxicas a Prazo  Medio en representación da Comisión Europea e que inclúen os datos do pasado mes de novembro.

As variacións rexistradas nas temperaturas do aire en superficie, a cobertura de xeo mariño e as  variables hidrolóxicas a escala mundial aportan resultados baseados en análises xeradas no computador e segundo o conxunto de datos do EBAJ que utilizan milleiros de millóns de predicións procedentes de satélites, buques, aeronaves e estacións meteorolóxicas en todo o mundo.

Todas estas aportacións, máis as da temperatura do aire en superficie en novembro de 2023, apuntan que o deste ano foi o novembro máis cálido dende que existen rexistros en todo o mundo, cunha temperatura media do aire en superficie de 14,22 graos centígrados (0,88 graos centígrados por riba da media de 1991-2020 para ese mes).

Amais, o mes pasado foi 1,75 graos centígrados máis cálido que a media estimada para un mes de novembro de 1850-1900, o período de referencia preindustrial. No entanto, a anomalía da temperatura mundial en novembro de 2023 foi igual á de outubro deste mesmo ano.

A temperatura media de superficie do mar durante o mes pasado (entre as coordenadas 60 graos Sur-60 graos Norte) foi a máis alta rexistrada para novembro con 0,25 graos centígrados máis que o segundo novembro máis cálido, o de 2015.

No que vai de ano (xaneiro a novembro) a temperatura media a nivel mundial de 2023 foi a máis alta  desde que hai rexistros: 1,46 graos centígrados por riba da media da era preindustrial, e 0,13 graos centígrados superior no período de once meses equivalente de 2016, o ano natural máis cálido rexistrado ata o de agora.

A extensión do xeo mariño da Antártida -segundo recolle unha publicación da Universidade de Vigo- foi a segunda máis baixa para un mes de novembro , un 9% por baixo da media, após acadar niveis mínimos históricos para a época do ano con amplas marxes durante seis meses consecutivos.

Durante o último novembro rexistráronse máis precipitacións que a media na maior parte  parte de Europa: a borrasca Ciaran afectou a moitas rexións, entre elas Italia, e provocou fortes asolagamentos causados polas precipitaciòns.

Outros artigos

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.