As parroquias de Rianxo acollerán a semana vindeira media ducia de charlas sobre compostaxe e o contedor marrón

08 Decembro 2023

O Concello de Rianxo organiza unha xeira de charlas en diferentes recunchos do termo municipal sobre a compostaxe doméstica e sobre os usos do colector marrón. O obxectivo destas sesións divulgativas para a cidadanía é acadar “un Rianxo máis limpo é cousa de todos e de todas”. As actividades informativas comezarán o luns 11 de decembro no Centro Sociocultural do Araño, ás 19.00 horas, e e proseguirán ao día seguinte, 12, no Centro Cultural e Deportivo de Taragoña, tamén ás 12.00 horas.

As charlas continuarán o día 13 de decembro nas Escolas Vellas da Atalaia, ás 19.00 horas, e no Cuartel Vello de Rianxo o xoves 14 de decembro ás 19.00 horas.

As dúas últimas sesións do ciclo serán o venres 15 deste mes, primeiro na Casa da República de Isorna (ás 18.00 horas) e logo no Centro Sociocultural Vicente Vidal de (Ás 19.30 horas) en Leiro.

As charlas veñen da man do Concello e da Xunta, con financiamento de Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno central e da Unión Europea.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.