Preto de 4 millóns de euros para a mellora dos camiños municipais de acceso a parcelas agrarias

06 Xaneiro 2020

Os concellos da provincia da Coruña recibirán unha axuda total de 3,7 millóns de euros para mellorar e acondicionar os camiños municipais de acceso a parcelas agrarias. Será dentro do Plan Marco 2020-2021 que
xestiona a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), adscrita á Consellería do Medio Rural, e que conta cun orzamento para o conxunto de Galicia de 12 millóns de euros, distribuídos nas devanditas anualidades a razón de case 6 millóns de euros cada unha.
A finalidade última deste plan é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais da comunidade autónoma mediante o acondicionamento das principais vías de comunicación e outras infraestruturas, sobre todo daquelas que dan acceso a parcelas
agrarias.
Estes camiños permiten acceder ás 30.000 entidades de poboación nas cales se asentan as vivendas da poboación rural galega e supoñen as canles de entrada e saída das producións rurais (desde o leite ata a artesanía) que precisan os negocios desta contorna. Por iso, a Xunta quere propiciar con estas actuacións unha mellor accesibilidade e vertebración do territorio, dinamizando o tecido produtivo ao contribuír á mellora da capacidade organizativa destas áreas rurais.
Así, estas axudas servirán para facilitar a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais que dean acceso a parcelas agrarias, incluíndo actuacións que supoñan tanto un incremento da largura da vía coma o reforzo do firme e terrapléns ou a limpeza das marxes.
Porén, quedan excluídas as actuacións en rúas interiores, dentro dos núcleos de poboación.

Criterios de distribución Co fin de chegar a cada un dos concellos da nosa comunidade, establecéronse unha serie de criterios de distribución das asignacións económicas que foron previamente consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Estes criterios
determináronse con base en indicadores obxectivos, a partir dun importe fixo por concello, habitante e entidade de poboación, dentro duns límites de máximos e mínimos, co fin de garantir unha repartición equitativa entre a totalidade de concellos. A estas variables incorporáronse factores correctores vinculados á superficie do concello, o peso do agro no
municipio e o grao de despoboamento e de envellecemento. Ademais, prevese un incremento do 50% para aqueles concellos fusionados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.