Volven este sábado en Noia os recitais solidarios do programa Panxoliñas nas Parroquias

02 Decembro 2023

Por terceiro ano consecutivo e dentro da programación cultural deste Nadal volve a iniciativa Panxoliñas nas Parroquias, impulsada pola Concellería de Cultura de Noia e a Unidade Pastoral San Martiño de Noia co obxectivo de reivindicar a tradición musical galega vinculada a estas festas de decembro ao tempo que se recadan fondos e recursos para Cáritas local e descentralízanse as actividades culturais municipais. O programa comeza este sábado 2 de decembro en Santa María de Roo, ás 18 horas, co Obradoiro de Canto Iberoamericano da Sociedade Liceo de Noia.

A axenda seguirá na mesma xornada deste sábado 2 en Santa María de Argalo, novamente co Obradoiro de Canto Iberoamericano da Sociedade Liceo de Noia.

Os recitais proseguen o 17 de decembro en Boa, ás 10.30 horas, co o Coro Parroquial de San Lourenzo (Outes) e rematan na mesma xornada do 17, en Santa Cristina de Barro, ás 11.30 horas (tamén coa presenza do Coro Parroquial de Santa Cristina de Barro).

Ás persoas asistentes solicitáselles o aporte dun alimento non perecedoiro para a obra social de Cáritas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.