O teatro abre o mes de Nadal en Muros

01 Decembro 2023

Doble cita teatral esta fin de semana en Muros. Pero a cita infantil do domingo xa está chea, pois as entradas xa se esgotaron para ver aos Bolechas.

Para o sábado aínda quedan añgunhas entradas que serán vendidas na billeteira media hora antes. A nova cita da programación continua muradá será ás 20:30h Auditorio do Centro Cultural con “A Orquestra dos paxaros”, de Trotaconventos Teatro. Unha peza teatral en tres actos que, da man dun profesor de Química, pón no escenario a busca dun tratamento  químico limpo para descompoñer as bolsas de plástico que tanto emporcallan os mares, praias, campos e cidades do mundo.
Este grupo coruñés, dirixido por Carlos Freire, é especialmente sensible co medio ambiente e as diferenzas sociais, e dende as táboas tentan sensibilizar á poboación sobre ámbalas dúas temáticas.

Programa de Nadal

Esta función é a primeira do programa de Nadal do Concello de Muros, que cada semana se irá completando un nutrido programa de actividades, actividades de animación para a rapazada, espectáculos e obradoiros para persoas adultas…

Concretamente esta primeira fin de semana de decembro, prográmanse obradoiros de decoración navideña de portas, para persoas adultas, en Muros e Louro, o venres 1,
obradoiros Preparando o Nadal coas bibliotecas, para nenos, en Esteiro e Muros, os días 1 e 2.( quepasanacosta.gal)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.