O Grupo Popular salienta que “a eficacia e atractivo” do transporte público do Barbanza refléxase nun incremento do 10% dos viaxeiros

30 Novembro 2023

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, salientou no Parlamento galego que “a eficacia e atractivo” para a cidadanía da comarca do Barbanza do transporte público da Xunta refléxase no incremento de viaxeiros nun 10 por cento nos nove primeiros meses deste ano.
“As necesidades de mellora non deben ser tan importantes como queren facer ver desde o BNG porque a empresa concesionaria deste servizo leva dous meses esperando polas propostas que o alcalde nacionalista de Ribeira se comprometeu a enviarlles na reunión que celebraron no mes de setembro”, apuntou.
José Manuel Balseiro explicou que a actual concesión de transporte público da Xunta no Barbanza componse de 66 liñas, que atenden unha rede de 1.200 paradas e que realizan máis de 120.000 servizos cada ano. “O Goberno galego traballa para que o transporte público sexa unha alternativa de mobilidade cada vez máis eficaz e atractiva para a cidadanía, o que non quere dicir que, ante a gran cantidade de servizos que se prestan, se poidan producir contratempos”, sinalou.
“Lonxe da situación catastrófica que queren facer ver desde o BNG, nos primeiros nove meses do presente ano o número de viaxeiros con orixe ou destino nos catro concellos que conforman a comarca do Barbanza incrementou nun 10 por cento con respecto ao mesmo período de 2022, contabilizándose arredor de 530.000 viaxes en cada un dos sentidos”, apuntou.
67 SERVIZOS AO HOSPITAL
Deste xeito, indicou que “se cada vez hai máis viaxeiros é porque valoran o servizo público que presta a Xunta, porque valoran a súa oferta e porque están razoablemente cómodos e satisfeitos con este servizo de transporte”.
Respecto das frecuencias que acceden ao Hospital do Barbanza, Balseiro lembrou que neste centro sanitario teñen parada 67 servizos ao día de luns a venres, 34 os sábados e 30 os domingos, ao que se engade o feito de que algúns destes servizos conectan non só con Ribeira, senón tamén con outros concellos da comarca.
Para rematar, o portavoz popular subliñou que, “grazas ao convenio asinado polo Goberno galego co anterior alcalde de Ribeira do PPdeG, o prezo do billete pagado coa tarxeta da Xunta é de 0,45 euros, tendo en conta que para os menores de 21 anos é gratuíto e tamén o será, a partir do 1 de xaneiro, para os maiores de 65 anos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.