O Concello de Porto do Son traballa para pechar o proxecto do novo centro de saúde

27 Novembro 2023

O Concello de Porto do Son ten entre os seus proxectos incrementar os servizos sanitarios do termo municipal cun novo centro de saúde na vila. Segundo confirmou o alcalde, barállanse dous emprazamentos para albergar o inmóbel, os dous localizados no centro urbano do Son.

Unha destas posíbeis alternativas é un edificio en estrutura que no seu día ía ser destinado para vivendas, para o que se pediría un préstamo sen intereses ao Instituto Galego de Vivenda e Solo para devolver nun prazo de oito anos, con vistas a emprazar alí o novo centro de saúde.

A outra opción é habilitar o edificio no espazo municipal comprendido entre o Concello a a Casa da Cultura. O alcalde Luis Oujo, en declaracións a Canal Barbanza, recoñeceu que tanto el como o seu equipo son da preferencia da primeira das alternativas, a do edificio en estrutura, porque desta forma tamén se avanza nun dos obxectivos do actual Concello: combater o feísmo a nivel local e reaproveitar o xa construído. Agora o seguinte paso sería obter o visto bo da Consellería de Sanidade acerca das características de accesibilidade, dispoñibilidade e superficie do inmóbel. Trataríase dun centro de saúde de dous andares coa opción de engadir outro a maiores. O rexedor explicou que a Xunta ten situado o concello de Porto do Son entre os municipios onde é de meirande urxencia habilitar novos centros de saúde, polo que unha vez que se aceptase o proxecto dende o SERGAS, o proxecto materializaríase axiña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.