“Traballar da man do coñecemento e do sector”. Antón Luaces

26 Novembro 2023

Alfonso Villares, desde vai uns meses conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, ven de dar coa pedra filosofal na que a alquimia baseaba os seus principios para chegar a solucións posibles. Unha pedra filosofal que, no que atinxe á pesca, existe en Galicia. E a ela sempre botan man os mariñeiros galegos para explicar ese certo desleixo no que vive a administración responsable da pesca e o marisqueo que nunca entende da alquimia que permite a pescadores e mariscadores vivir coa esperanza de solucións a problemas seculares. Esta alquimia ten nome: experiencia.

Alfonso Villares é veterinario e foi alcalde (algo básico para entender o que significa falar con quen sabe: a xente). Agora é conselleiro do mar, nunha entrevista publicada no xornal La Voz de Galicia, concorda nesa filosofía á que tantas veces recorre o profesional do mar cando reclama que “se fale coa xente” cando afirma que hai que combinar ciencia con experiencia: “Hai que traballar da man do coñecemento e do sector”,

Por fin, por fin alguén da administración pesqueira dí o que tantas veces reclama o sector. Só é necesario que o dito agora polo conselleiro do Mar se cumpra, porque as referencias a esta colaboración non son novas. É máis: existen acordos que falan de compromisos polos que o coñecemento se vincula á experiencia co obxectivo de, por exemplo, escoitar ao sector antes de que se aproben medidas correctoras que afectan a empresas pesqueiras e mesmo poden poñer en perigo postos de traballo. 

Contar coa experiencia dos mariñeiros pode e debe contribuir a estabelecer sistemas de explotación pesqueira concebidos desde o coñecemento, en moitos casos aplicado no día a día dos barcos de pesca que van na percura dun rendemento económico que non sempre

 se pode acadar. Como tampouco se pode producir a aplicación de normas de pesca que significan restrinxir a xa escasa capacidade de pescar que se lles permite aos barcos, sen ter a certeza de que reservas de tal ou cal especie se dispón. Por exemplo, o que acontece actualmente coas insoportables reducións na captura de cigala que a hai “a darlle polo zoco” (frase rotunda dun armador) ata o estremo de ter que guindar ao mar capturas non buscadas, asociadas a outras especies sí permitidas, cando no mar a experiencia dos pescadores evidencia que non hai motivos para aplicar esas restricións que as autoridades pesqueiras toman baseándose nos informes científicos.

De existir esa colaboración entre ambas as partes que o conselleiro Villares pon riba da mesa, esa cigala que se captura como especie asociada e que rematará morrendo a bordo dun pesqueiro ou de volta ao mar após ser caturada, podía rematar nas lonxas en subhastas que deran a posibilidade de ingresos a armadores e tripulantes da frota galega. 

Estamos a falar de ata 1.000 quilos de cigala que, nunha soa noite, moitas veces nun único lance, son izadas a bordo e posteriormente -máis ou menos deterioradas- devoltas ao mar porque non poden ser vendidas porque, disque, non hai reservas de abondo nos caladoiros,

De onde saen, logo, as que se pescan e que se traducen decote en 400 e 500 quilos guindados ao mar pola borda?.

Lamentable esta falta de colaboración. Esperanzador que todo un conselleiro reclame o traballo conxunto no mar do coñecemento e o sector.

A ver se desta soa a frauta. Aínda que sexa por casualidade. Seríoa de agradecer, conselleiro Villares.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...