A Pobra condenou a violencia machista neste 25-N

25 Novembro 2023

Xornada de reflexión, sensibilización e reivindicación. A Pobra do Caramiñal condenou as actitudes machistas neste 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, cos actos centrais que marcaron o punto final á programación da campaña municipal Desmárcate! que se viviu con intensidade ao longo de todo o mes.
Uxía Morán representou no Cantón da Leña a A última cea. Vestida de noiva, cunha bandexa prateada, pratos negros e un xogo de cubertos, a actriz ofreceu ante o público congregado un retrato da muller maltratada e as distintas fases dunha relación na que se vive violencia de xénero. A ilusión da muller camiño do altar vaise diluíndo cos primeiros golpes, situación que se recrúa co paso do tempo ata que chega a acción máis atroz: o feminicidio.
Tras esta posta en escena, aínda co arrepío no corpo e a reflexión na mente das persoas asistentes, a concelleira da Igualdade, Estefanía Ramos, quixo dar traslado de datos do Ministerio do Interior do 2023 e da Macroencuesta do 2019 como, por exemplo: 1 de cada 2 mulleres (57’3%) residentes en España de 16 ou máis anos sufriu violencia ao longo das súas vidas por ser mulleres; máis de 2’8 millóns de nenas e mulleres residentes en España de 16 ou máis anos sufriu violencia sexual nalgún momento da súa vida; 8 violacións son denunciadas cada día no territorio estatal; case o 90% das vítimas de delitos contra a liberdade sexual son mulleres e nenas; o 95% dos responsables dos delitos contra a liberdade sexual son homes; ou que un 57’9% de mulleres entre 18 e 35 anos que concertaron citas a través de aplicacións sentíronse baixo presión para manter relacións sexuais.
“Con todos estes datos non se poden tolerar discursos negacionistas por parte de ningunha institución, organización ou persoa, sobre unha realidade na que as mulleres, as súas fillas e fillos, seguen sendo sometidos a unha situación de violencia que nalgúns casos remata da peor maneira posible: sendo asasinadas e asasinados. Debemos unirnos de maneira conxunta e unánime para poñer fin a esta lacra social que é a violencia machista”, declarou contundente a edil acompañada de membros da corporación municipal e traballadoras do Departamento da Igualdade.
Deseguido, deu lectura ao manifesto da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) no que se expón “a firme convicción e determinación das entidades locais galegas para erradicar calquera tipo de maltrato sobre as mulleres, os seus fillos e fillas e achegados e achegadas, vítimas todas de machismo. Repudiamos calquera forma de agresión machista tanto no eido persoal coma laboral. Dende o municipalismo facemos un chamamento á responsabilidade común, tanto das institucións coma da cidadanía, e apostamos pola información e concienciación sobre os dereitos e ferramentas aplicables para cada situación, facendo o que estea na nosa man tanto no noso espazo como fóra del, para que quen os precise acceda a eles.” E proponse, ademais, un
decálogo do bo trato.
Finalmente, as persoas asistentes gardaron un minuto de silencio na memoria de tódalas vítimas.

Outros artigos

Comeza a conta atrás para a XII Carreira Popular Concello de Rianxo

Julian Bustelo, alcalde de Rianxo, Julian Alcalde, Concelleiro de Deportes, e Ramón Villanustre, técnico de deportes, presentaron hoxe na Casa do Concello a XII Carreira Popular Concello de Rianxo, que se celebrará o vindeiro 31 de outubro. A proba está incluída no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.