Lousame conmemora o 25N cunha concorrida concentración na praza Teodomiro Hidalgo baixo a lenda “#Eu quero que”

24 Novembro 2023

O Concello de Lousame conmemorou este venres 24 ao mediodía o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero cunha masiva concentración na praza Teodomiro Hidalgo na que participaron alumnos e alumnas do CPI Cernadas de Castro, integrantes dos Obradoiros da Memoria de Lousame, membros da asociación inclusiva A Misela, traballadores municipais e representantes dos distintos partidos políticos municipais.

A alcaldesa, Teresa Villaverde, foi a encargada de dar lectura ao manifesto institucional no que asegurou que “dende o Concello de Lousame seguimos acentuando o noso compromiso coa igualdade e contra a violencia de xénero. A violencia exercida contra a muller non é un problema alleo ás nosas vidas, é unha demostración indigna e impropia do ser humano que se reproduce a nivel mundial”. A rexedora engadiu que “estamos a carón das vítimas impulsando accións como a pertenza deste concello á Rede de Entidades Locais que loitan contra a violencia sobre as mulleres e a coordinación con outras institucións e entidades a través da Mesa Local contra a Violencia de Xénero, a primeira que se constituíu na nosa comarca”. Así recordou a importancia de que “a veciñanza mostre o seu apoio ás vítimas da violencia de calquera índole. Non estamos ante un problema do ámbito privado, estamos ante un problema social”.

Campaña Voces de Lousame contra a violencia de xénero

Acto seguido, a rapazada do CPI Cernadas de Castro procedeu a dar lectura a algúns escritos e lendas sobre a violencia contra a muller baixo a lenda da campaña Voces de Lousame contra a violencia de xénero, organizada polo Concello para conmemorar o 25 de novembro e financiada con cargo aos créditos recibidos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e do Ministerio de Igualdade.

Así, a rapazada deu lectura a frases en mostra do seu rexeitamento da violencia sobre as mulleres comezando coa lenda: “Eu quero que…”. O seu relevo foi collido por un grupo de persoas da asociación A Misela, que tamén deron lectura ás súas propostas e por unha representación do alumnado dos Obradoiros de Memoria de Lousame. Pecharon o acto as intervencións das dúas voluntarias europeas, as turcas Emine Kara e Yasemin Tekiner; así como de Arturo Barreiro e Ramón Martínez, en representacións dos empregados municipais e os representantes políticos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.