O proxecto “A todo piñón” presenta unha iniciativa solidaria a través da doazón de bicicletas

24 Novembro 2023

A iniciativa A todo piñón, Escola de Segunda Oportunidade do Barbanza, impulsada polo Concello da Pobra do Caramiñal co apoio da comunidade educativa e o tecido empresarial, leva en funcionamento dende o verán e agora dá un paso máis cara á época do Nadal. Trátase dunha acción de carácter solidario que consiste na recollida de bicicletas, triciclos e patinetes en desuso, así como de pezas, para “proceder coa súa reparación e destinalos a nenos, nenas e outras persoas que o precisen”, explicaron as/os responsábeis da iniciativa.

Desenvolverase do día 24 de novembro ao 20 de decembro cos seguintes puntos para o depósito destes vehículos de tracción humana: en Cáritas da Pobra do Caramiñal, de Ribeira, no CPR Divino Maestro e no Departamento dos Servizos Sociais pobrense.

Manuel Pérez e Iago Pérez, dous dos participantes no proxecto, animan a que quen teña bicicletas, triciclos e patinetes sen utilidade lles dea unha segunda vida para “contribuír a unha boa causa”. Eles, ademais, recibiron un kit de ferramentas para a restauración da man de Susana Loroño, coordinadora de proxectos da cooperativa Dálle que Dálle, e de Pepe Martínez, técnico en actividade física e deportiva que imparte a parte da reparación das bicicletas.

A concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, incide en que o dito proxecto formativo ten como obxectivo mellorar as competencias prelaborais e profesionais da xente moza de entre 16 e 30 anos de toda a comarca a través da mobilidade sustentábel e a economía circular, ao tempo que se busca contribuír á creación de emprego na localidade.

No que respecta á matrícula, continúa aberto o prazo, tal e como apunta a directora do CPR Divino Maestro, Chefa Bretal.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.