“Camiño, tradición e cultura”. Luís Celeiro

24 Novembro 2023


O Camiño de Santiago é mundial, vai por onde ten que ir dicíndolles aos pobos diferentes e espallados polos distintos continentes que Galicia, antes, fin da terra, agora é o centro.

Santiago de Compostela é o centro do mundo e o Camiño de Santiago son arterias que o recorren, ao mesmo tempo que os peregrinos recorren países, lugares, mares e montes por todos e en calquera medio.
Empezou cando empezou, alá polo século nove. Ao descubrir a tumba do Apóstolo, o bispo de Iria Flavia, Teodomiro, foi correndo a xunto de Afonso II para darlle nota do achado, e o Rei arranca co seu séquito para ver aquel monte, onde hoxe está a Catedral de Santiago. Os historiadores din que foi o primeiro peregrino desta historia. Durante a súa infancia, o monarca estivera recibindo formación en Samos, no Mosteiro Beneditino, que logo foi, e segue sendo, outro dos emblemáticos lugares do Camiño de Santiago.
Os períodos de decaemento do Camiño xa pasaron e foron longos, pero os seus tempos de esplendor volven cargados de valores. E, en calquera parte de Europa ou en calquera esquina dalgún outro continente, alí está o Camiño de Santiago como sinal de identidade, da concordia e do entendemento entre culturas, relixións e pensamentos. Como crenza de igualdade, de liberdade, de harmonía social e de respecto entre as persoas e entre os pobos.
Para favorecer a esencia desta espiritualidade do Camiño, naceron Asociacións de Amigos, fomentouse a hospitalidade, agrandouse a riqueza cultural, creouse coñecemento e fíxose difusión do mesmo, ata acadar que o Camiño de Santiago sexa entendido como un ben de todos, de todos sen excepción. Dos ricos e dos outros, dos negros e dos brancos, dos homes e das mulleres. Así a Unesco declarou ao Camiño Francés, en 1993, como Patrimonio da Humanidade. E, en 2015, fixo unha ampliación introducindo aos Camiños do Norte.
Milleiros de estudos e de libros publicados dan conta da importancia desta riqueza cultural, espiritual e económica. Autores prestixiosos, escribindo; científicos de renome, investigando, construíndo a historia e marcando os pasos para seguir; divulgadores, falando e soñando, e a mocidade andando xunto aos maiores e aos máis pequenos.
A principios de mes, en Ribadeo, por onde pasa o Camiño do Norte, celebraranse as Xornadas Mar por Medio, organizadas pola Academia Xacobea, coa colaboración da Xunta de Galicia, da Universidade, o Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo. Así será e, como di a Tía Manuela, “alí nos veremos, coa tradición, o Camiño e a súa cultura”.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.