En Portosín detida unha parella por estafar a un home que quería investir nun local de hostalería

21 Novembro 2023

A Garda Civil detivo a unha parella e está a investigar a un home, todos orixinarios de Ourense e residentes en Portosín , como presuntos autores dun delito de estafa agravada nun negocio de hostalería. Acúsaselles de apropiarse de máis de 125.000 euros dun home que desexaba investir no local.

Segundo informa a Benemérita, a investigación comezou a finais de marzo, cando a suposta vítima denunciou ser enganada para formar parte dunha sociedade nun negocio situado en Portosín. Os implicados presuntamente quedáronse con máis de 126.000 euros. O denunciante afirma que os presuntos estafadores convencérono para realizar un investimento no negocio coa promesa de obter unha rendibilidade mensual de 6.000 euros, destinada a realizar reformas no local que finalmente non levaron a cabo porque a sociedade nunca se formalizou.

“Os estafadores, aproveitando as frecuentes visitas da vítima ao negocio de hostalería, lograron gañarse a súa amizade durante a súa estancia de verán en Portosín. Aproveitando a confianza adquirida, os acusados mostraron supostas recadacións diarias do negocio, aparentando solvencia económica e convencendo á vítima para que se unise á sociedade, entregándolle unha chave do local como símbolo de confianza”, segundo engade a Garda Civil. Durante os dous meses seguintes, a vítima transferiu case 109.000 euros ás contas bancarias dos investigados e entregou 17.350 euros en efectivo. Con todo, ao non ver progresos nas reformas do local e recibir respostas evasivas ao solicitar documentación, comezaron a xurdir sospeitas de que era unha estafa.

A investigación revelou que a parella gastaría a maior parte do diñeiro na compra de vehículos, bens, viaxes, restaurantes e centros comerciais, retirando máis de 45.000 euros en efectivo. Tras localizar o domicilio dos presuntos estafadores, a Garda Civil detivo á parella e investigou ao home sinalado como inductor da estafa por parte da vítima. As dilixencias instruídas xunto cos detidos foron presentadas perante o xulgado de Instrución número 2 de Noia.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...