Medio Ambiente aproba máis de 140.000 euros en axudas para accións nas Illas Atlánticas e a súa área de influencia

21 Novembro 2023

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural (Consellería de Medio Ambiente) resolveu as axudas de 2023 para proxectos na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia por importe de máis de 140.000 euros. A resolución coas 18 iniciativas aprobadas a empresas, persoas físicas e institucións sen fins de lucro sae publicada este 21 de novembro no Diario Oficial de Galicia (DOG) e supón, segundo explica a Dirección Xeral, “a utilización da práctica totalidade do orzamento posto a disposición na convocatoria deste ano”.

As achegas, que poden cubrir ata o 100% do investimento subvencionábel, buscan promover o desenvolvemento sustentábel das poboacións asociadas ao parque e apoian accións de conservación ou restauración do patrimonio da zona, a eliminación de impactos sobre os valores naturais ou culturais do parque, actuacións dirixidas a garantir a compatibilidade das actividades e dos usos tradicionais da zona, a posta en marcha de actividades económicas relacionadas con este espazo protexido e accións orientadas á divulgación e formación nos valores deste espazo natural. 

A resolución publicada no DOG inclúe seis proxectos promovidos por empresas para a realización de distintas actividades como o control de especies alóctonas na illa de Sálvora, a realización dun vídeo divulgativo sobre a gaivota de patas amarelas no parque, a divulgación do arquipélago de Cortegada, a posta en valor do sector da conserva ou actividades lúdicas para dar a coñecer o parque, entre outras.

Entre as achegas aprobadas a persoas físicas atópanse varias para a rehabilitación de distintos inmóbeis así como unha para o proxecto O cine doméstico nas illas atlánticas: Patrimonio en risco de extinción e outra para a iniciativa Recopilación histórica da vila de colonización da Illa de Ons. Aspectos culturais, naturais e arquitectónicos. 

As iniciativas aprobadas a institucións sen fins de lucro céntranse na recollida de lixo mariño e realización de obras artísticas na illa de Cortegada, a formación e capacitación adaptada de persoas con discapacidade como axentes medioambientais, a sensibilización da cidadanía en relación co cambio climático ou a realización de accións de voluntariado e difusión das características do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. 

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.