O Conservatorio Municipal de Ribeira acolle o I Seminario Frautisimamente

16 Novembro 2023



A concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, presentou este xoves 16 de novembro o I Seminario Frautisimamente, acompañada do director do Conservatorio, Álvaro López e a profesora de frauta, Sabela Galbán.

Segundo fixeron, saber, coa incorporación do seminario a Aula de Frauta do Conservatorio Municipal Enrique Paisal de Ribeira aumenta así a súa oferta formativa con tres frautistas que impartirán cadanseus encontros trimestrais ensinando, corrixindo e animando a tódolos frautistas que desexen apuntarse.

O primeiro encontro será os vindeiros días 17 -en horario de tarde- e 18 -día completo- de novembro con Adrián Silva Magdalena, da Banda de Música Municipal de A Coruña. Cesar Concheiro Guerrico, profesor de frauta do Conservatorio Superior de Música da Coruña, estará o 24 e 25 de febreiro, e por último en xuño, Silvia Roza Ramallal, frauta solista da Orquestra da Ópera de Hannover.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.