Corrubedo pon fin ás protestas pola falta de médico ao conseguir servizo médico a tempo completo

16 Novembro 2023
Membros do equipo de Goberno e da plataforma veciñal no Centro de Saúde de Corrubedo (imaxes de Alba Cambeiro)

Membros do equipo de Goberno de Ribeira trasladáronse este xoves 16 de novembro a Corrubedo para participar novamente nas mobilizacións que a veciñanza organiza regulamente para reclamar un servizo médico regular e permanente no Centro de Saúde da vila. Foi, se todo vai como vén de confirmar o Goberno galego, a derradeira manifestación da veciñanza para solicitar o devandito. De feito, despois dun ano de loita a Plataforma de Afectados polos Recortes Médicos recibiu a resposta da Xunta de que a parroquia vai contar cun servizo médico todos os días a tempo completo e co mesmo persoal facultativo. Neste senso, a Plataforma solicitou xa o compromiso por parte da Xerencia de Xestión de Atención Primaria (SERGAS) para “manter a situación”. Tamén pide a reorganización do servizo parta mandar ao Centro de Saúde as cartillas daqueles veciños que nos últimos anos marcharon ao Centro de Saúde de Ribeira “pola mala atención que se recibía na parroquia”, sinalaron os participantes nas mobilizacións.

O concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones, felicitou á veciñanza e agradeceu a súa loita que foi “esencial para acadar o dereito que debe garantir a Lei Xeral de Sanidade”. De feito, lembrou que o equipo de Goberno municipal estivo apoiando e acompañando á veciñanza tódolos xoves a manifestarse en Corrubedo, como tamén o facían dende a oposición.

O alcalde, Luís Pérez Barral, afirmou que dende o Concello estarán “vixiantes para que dende o SERGAS non se volva a dar un paso atrás no servizo sanitario” e solicitou que dende a Consellería de Sanidade “sexan atendidas as reivindicacións de toda cidadanía do municipio de Ribeira para dotar de máis profesionais médicos e novas instalacións para dar un servizo de calidade a tódolos pacientes”. Amais, instou á Consellería a que reconsidere a “esixencia de ter tantos metros cadrados no centro” xa que segundo explica, non existe tal espazo con boa conexión co transporte público. “A nosa máxima é que o Centro de Saúde lle dea unha prestación de calidade a tódolos veciños e que estea ben conectado co transporte público”, concluíu.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.