Aberto o prazo de inscrición na Pobra para a Campaña da Neve 2024

16 Novembro 2023

A Campaña da Neve 2024 da Deputación da Coruña desenvolverase en Valgrande-Pajares (Asturias) e está destinada á rapazada da provincia con idades comprendidas entre os 11 e 15 anos. Trátase dunha iniciativa impulsada pola institución provincial coa participación dos Concellos coruñeses, entre os que se atopa A Pobra (a través da Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal). A campaña, segundo explicou o edil pobrense Eloy Sobrido, busca “fomentar a práctica de deportes de inverno con cursos de esquí e actividades complementarias.

A Pobra ten concedidas sete prazas correspondentes coa cuarta quenda, que abrangue do día 2 ao 5 de febreiro.

A solicitude está ao dispor na páxina web www.apobra.gal. Esta deberase entregar debidamente cuberta no rexistro do Concello xunto co resto de documentación requirida. O prazo de presentación remata no 1 de decembro, ás 14.00 horas.

Terán preferencia os/as rapaces/as que non tomasen parte en ningunha campaña da neve previa da institución provincial. No caso de recibir máis solicitudes ca prazas concedidas, farase un sorteo público no salón de plenos do Concello, acto do cal serán avisadas as persoas participantes. Notificaranse as admisións por teléfono para, ademais, indicárllela documentación para presentar para confirma-la praza. A cota de participación establécese nos 85 euros, contía que non se debe aboar ata que a Administración local confirme a praza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.