O Concello de Boiro destina 63.050 euros para a promoción do deporte federado no municipio

15 Novembro 2023

A xunta de Goberno local do Concello de Boiro celebrada este mércores 15 de novembro deu luz verde ao pago das subvencións por concorrencia competitiva a clubs e entidades deportivas federadas do municipio por un importe total de 63.050 euros. As entidades e clubs que presentaron correctamente a documentación xustificativa recibirán os pagos nos vindeiros días, sinalaron fontes do Concello, que engadiron que o obxectivo destas axudas é “financiar gastos federativos; seguros, salarios e seguridade social; gastos de xestión; gastos publicitarios ou de comunicación; gastos de vestimenta e lavandería; formación, ximnasio, fisioterapia e farmacia; gastos derivados de desprazamentos, hospedaxes, aloxamentos e manutencións; arbitraxes; premios e trofeos; así como outro equipamento deportivo”.

O Concello tamén explicou que esta liña de axudas para clubs e entidade deportivas federadas do municipio encádrase no marco das competencias das entidades locais para o fomento de actividades deportivas e lúdicas e apoiar a participación dos clubs en ligas ou competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou estatal nas distintas modalidades deportivas.

“O Concello de Boiro fai unha gran aposta polo deporte no concello con subvencións nominativas, bolsas a deportistas e tamén estas axudas a clubs deportivos que promoven a práctica de deporte federado”, recoñeceu o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.