O Concello de Porto do Son celebra o 25N con charlas, cursos de defensa, teatro e un escape room

14 Novembro 2023

O Concello de Porto do Son programou actividades para desenvolver en diferentes puntos do municipio con motivo do 25N, Día para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A axenda comeza o 20 de novembro no IES de Porto do Son, ás 12.30h, cunha charla informativa sobre agresións sexuais para o alumnado de 3º da ESO. Prosegue o día 20 cun escape room no CEIP de Xuño, para o alumnado de Primaria.

O 22 de novembro o programa continúa co espectáculo teatral O Pequeno Poni, de Redrum Teatro, a partir das 12.00 (na Casa da Cultura do Son para alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato).

O 25 de novembro celebrarase un curso de Aquagym (Soom Management) na Piscina Municipal. Será unha actividade aberta a toda a veciñanza. Levarase a cabo de 10.00 a 13.00 horas. As inscricións cómpre facelas na Piscina (até o 22N) ou chamando ao 604 051 189.

O programa rematará cun curso de defensa persoal (Escuela de Boxeo El Canario) para o alumnado de primeiro de Bach. Será no IES Porto do Son, os días 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.