A rapazada de Aguiño meterase na pel dun inspector urbanístico

02 Xaneiro 2020

O CEIP Heroínas de Sálvora de Aguiño (Ribeira) atópase entre os centros educativos que van participar esta tempada no proxecto educativo autonómico Eu son inspect@r urbanístic@, impulsado pola Consellería de Medio Ambiente e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia co obxectivo de fomentar entre a rapazada, “de maneira lúdica e educativa”, o coñecemento do seu propio territorio e as metodoloxías máis axeitadas para coidalo en materia de crecemento urbano e rural.

Tamén se lles mostrará como velar pola paisaxe e como poñer en práctica medidas para asegurar o desenvolvemento económico ao tempo que se aposta pola sustentabilidade. Trátase da primeira edición do proxecto. Nel participan 30 centros de toda Galicia.

A actividade para Educación Infantil consistirá nunha aprendizaxe a través do xogo e do teatro, polo que se levará a cabo unha representación teatral sobre o amor á natureza, a intervención no territorio e o modelo urbanístico ideal. A encargada disto será a compañía teatral Trinke Trinke, que vai pór en escena unha obra protagonizada por uns ratiños que viven en Lonxedetodo, un lugar idílico, que, preocupado por unha intervención inadecuada na súa contorna, contactarán cos inspectores urbanísticos da APLU para que lles axuden.

Para os rapaces de Primaria, traballarase con eles nas aulas, fomentando a aprendizaxe a través do xogo e amosándolles o traballo que fai a Xunta a través da APLU no territorio. En Secundaria vaise abordar unha aprendizaxe lúdico-educativa para fomentar entre o alumnado o coñecemento da súa contorna, a evolución histórica da mesma e dos axentes e dos factores que regulan o uso do solo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.