Rianxo rende homenaxe o historiador, Xesús Costa Rodil

11 Novembro 2023

Nunha cerimonia solemne o Concello de Rianxo concedeu o título de fillo adoptivo a Xesús Costa Rodil, distinguido profesor orixinario de Cervo, quen dedicou máis de catro décadas ao ensino na vila e participou activamente en diversas investigacións sobre a historia do municipio e a súa contorna. A viúva, Carmen Sánchez recolleu o título de mans do alcalde local, Julián Bustelo.

Tras un aperitivo musical ofrecido por dous artistas locais, o alcalde inaugurou o acto lendo o acordo adoptado de maneira unánime pola corporación municipal o ano pasado. Este recoñecemento fundamentouse tanto no destacado labor educativo de Xesús Costa como na súa valiosa contribución como historiador.

Carlos Cimadevila, profesor e presidente da Comisión pola Recuperación dá Memoria Histórica de Barbanza, trazou unha descrición da traxectoria do homenaxeado. Iniciou desde a súa chegada a Rianxo en 1972 como mestre do antigo Colexio Nacional Mixto, ata o seu falecemento na vila en 2018, deténdose especialmente nos traballos relacionados con episodios escuros da historia local, como o período da represión franquista ou a Guerra Civil.

Carmen Sánchez achegou detalles á biografía, subliñando a importancia que Rianxo tivo para Xesús Costa e a súa familia, sendo un lugar de acollida e o escenario onde emprenderon unha nova vida e establecéronse. A viúva expresou o seu agradecemento ao pobo rianxeiro polo cálido afecto recibido.

Julián Bustelo resaltou que o volume representa a culminación dun proxecto xestado durante moito tempo. A presentación contou coa presenza de Roberto Abuín, de Axóuxere Editora, e de Xesús Rábade Parede, o escritor encargado do prólogo.

Biografía (fonte: Galipedia)

Xesús Costa Rodil, nado en Espiñeirido (Cervo) en 1944 e finado en Rianxo o 7 de agosto de 2018, foi un profesor e escritor galego.

Mestre e licenciado en Filosofía e Letras, exerceu a docencia durante máis de corenta anos no IES Félix Muriel de Rianxo, vila á que dedicou gran parte do seu labor de investigación histórica.

Na súa produción destaca Rianxo no Antigo Réxime. Economía e sociedade nunha vila mariñeira do señorío arcebispal de Santiago (2001), obra na que fixo unha historia da súa vila de adopción ao longo de varios séculos. Centrou logo o seu interese historiográfico xa no século XX, máis concretamente na época republicana, na guerra civil e na represión franquista, do que son testemuña traballos como Rianxo na II República: firme apoio ó Estatuto de Autonomía (2003) e Rianxo na guerra civil: campo de concentración de prisioneiros de guerra (1937-1939), escrito en colaboración con Xosé Comoxo e Xesús Santos Suárez, autores cos que tamén asinou o traballo Rianxo no centenario do nacemento de Manolo Rodríguez Castelao (2005).

Tamén é autor de Galiza na guerra civil. Campos de concentración de Muros, Padrón, A Pobra e Rianxo (2007), en colaboración con Xesús Santos, con quen realizou ademais un ensaio sobre a represión no maxisterio: De Padrón a Muros. A represión educativa e cultural (1936-1950) (2010). A guerra é tamén o eixo do seu relato Bandeiras de liberdade ó nacente (2006).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.