Continúa aberto o prazo para as axudas ao transporte dos estudantes pobrenses

31 Decembro 2019

O Concello da Pobra do Caramiñal mantén aberto o prazo ata o 2 de xaneiro de 2020, inclusive, para solicitar as axudas ao transporte de estudantes a centros de ensino para o curso 2019-2020. A contía total destinada a estas achegas establécese nos 7.500 euros, oscilando o importe máximo a cada persoa beneficiaria entre os 100 e 150 euros, dependendo da distancia ao centro de estudos.

As persoas que poden concorrer son aqueles estudantes que consten no padrón do Concello pobrense, que non superen os ingresos per cápita que se detallan na convocatoria e que estean realizando no curso académico 2019-2020 algún dos seguintes estudos: ensinos universitarios adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de grao e de mestrado; ensinos universitarios conducentes aos títulos oficiais de licenciatura, enxeñaría, arquitectura, diplomatura, mestre/a, enxeñaría técnica e arquitectura técnica; complementos de formación para o acceso ao mestrado, grao ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura; ensinanzas da Formación Profesional (FP); ensinanzas de educación especial; ou bacharelato para opcións non ofertadas nos centros da Pobra do Caramiñal ou que non dispoñan de prazas vacantes.

As bases reguladoras de ditas axudas están publicadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, ademais de indicarse a documentación que se debe aportar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.