A Policía Nacional detén en Ribeira ao presentou autor de dous delitos de roubo con forza en comercios

10 Novembro 2023

Axentes adscritos á Comisaría da Policía Nacional de Ribeira procederon á detención dun home como presunto autor de dous roubos con forza en establecementos comerciais.

Esta pasada fin de semana, recíbese unha chamada na Sala do 091, alertando dun posíbel roubo nunha panadería. Unha vez no lugar, os policías puideron comprobar que se accedera ao interior dese local tras forzar a porta de entrada. Tras realizar unha batida, localizan ao presunto autor nas inmediacións, un home que portaba unha bolsa na man, na que levaba diñeiro en efectivo e outros efectos procedentes do establecemento. A continuación foi detido por un delito de roubo con forza. Os efectos recuperados foron entregados posteriormente aos seus lexítimos propietarios.

Ademais, no pasado mes de xullo foi denunciado un roubo nunha florería. Tras fracturar o vidro do escaparate, o autor subtraeu diñeiro en efectivo da caixa rexistradora, dándose despois á fuga. Tras a correspondente investigación púidose determinar a identidade do presunto autor dos feitos, tratándose do home agora detido.

Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, o detido foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución número Dous de Ribeira, en funcións de garda, quen decretou o seu ingreso en prisión provisional.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.