O Concello de Ribeira, moi crítico co estado das instalacións do Centro de Saúde

08 Novembro 2023

Xuntanza mantida este mércores 8 de novembro no Centro de Saúde (foto de Alba Cambeiro)

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e os tenentes de alcalde Francisco Suárez-Puerta e Vicente Mariño, visitaron este mércores 8 de novembro o Centro de Saúde de Santa Uxía para coñecer de primeira man as necesidades e as eivas das dependencias, carencias que, segundo fixeron saber, afectan ás instalacións pero tamén ao persoal e, por suposto, aos propios pacientes. “O edificio”, sinalaron, “está moi deteriorado debido ás humidades e goteiras en moitas das salas e espazos comúns, e tamén é preciso o aumento do número de consultas porque os enfermeiros e enfermeiras teñen que pasar consulta en horario diferente do profesional médico asignado por carecer de espazo”.

Cristina González Bastos, médica de familia e traballadora do centro, solicitou ao Goberno municipal que “medie ante a Consellería de Sanidade para resolver as carencias das instalacións”.

Segundo explicou, “é preciso aumentar a dotación do persoal que corresponde ao Centro de Saúde

e ao Hospital da Barbanza, que dificulta o desempeño do seu traballo e a atención dos pacientes”. Tamén puxo o foco “na necesidade de dotar ao Centro dunha ambulancia medicalizada e seguridade na porta das Urxencias debido ao aumento das agresións que se producen no Centro de Saúde”.

Pola súa parte, o alcalde Luís Pérez destacou a “precariedade na que se atopan as instalacións” e reafirmou a disposición do Concello de Ribeira para “colaborar coa Consellería de Sanidade co fin de buscar unha alternativa para albergar un novo Centro de Saúde”. Destacou que Ribeira ten un Plan Urbanístico que impide desenvolver un Centro de Saúde tal e como solicita a Consellería. “Estannos a pedir demasiados metros cadrados de superficie, algo imposíbel de conseguir no casco urbano neste momento”, explicou, engadindo que “precisamos que a Consellería reconsidere a súa postura e permita que o Concello de Ribeira lle ceda unha parcela céntrica para realizar un edificio en altura, completamente accesíbel e comunicado co transporte público”.

O rexedor reiterou así mesmo a necesidade de aumentar de dotación de persoal sanitario, administrativo e medios suficientes para que se poida “dar a mellor atención posíbel á veciñanza e para que o persoal sanitario poida desenvolver o seu traballo nas mellores condicións.” Por último agradeceu o traballo e implicación dos profesionais dos que declarou que “sen o seu esforzo, a situación en Ribeira sería de auténtico colapso”.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.