
Os gobernos das Comunidades Autónomas de Madrid, Galicia, Andalucía e Murcia, gobernadas polo Partido Popular, atopáronse co rexeitamento do Tribunal Constitucional ao recurso presentado contra o imposto ás grandes fortunas do Goberno do Estado.
O Goberno do Estado creou un imposto temporal de solidariedade sobre as grandes fortunas, para todos aqueles residentes en España que teñan un patrimonio superior aos 3 millóns de euros, ao obxecto de prover de ingresos públicos cos que afrontar as consecuencias da crise enerxética e do aumento de prezos causado pola guerra de Ucraína.
O Tribunal Constitucional avala o imposto ás grandes fortunas que “non é confiscatorio nin invade competencias das comunidade autónomas. Unicamente é que o estado ten competencias e exérceas para establecer novos tributos”.
A creación destes dous gravames, enerxético e bancario, pretenden minorar as consecuencias económicas e sociais para a maioría dos cidadáns e moito máis para as familias vulnerables e con escasos recursos que non poden afrontar as súas facturas eléctricas ou as súas cotas hipotecarias, a través do bono social eléctrico ou as moratorias ou facilitar os cambios da aplicación dos tipos de xuro bancarios.



