Colectivos de persoas con diversidade funcional de Dodro, Noia, Santiago, Teo, Rois e Val do Dubra participaron no festival no Brión Inclúe

06 Novembro 2023

Preto de 140 persoas integrantes de seis colectivos de persoas con diversidade funcional do Barbanza e da comarca de Santiago participaron este venres na primeira actuación do festival Brión Inclúe, unha iniciativa dirixida a favorecer a inclusión real de persoas con discapacidade a través da cultura. Unha iniciativa organizada polo Concello de Brión, xestionada por Culturactiva S. Coop. Galega, subvencionada pola Deputación da Coruña, e que conta coa colaboración de Gadis e Froiz.

O alcalde de Brión, Pablo Lago San Martín, e o coordinador do Brión Inclúe, Fran Rei, foron os encargados de recibir ás 35 persoas desprazadas por Sarela Dano Cerebral (Santiago de Compostela), outras 35 de Avante (Val do Dubra), 20 de Misela (Noia), 30 de ASPAMITE (Teo), 9 de Andaina pro Saúde Mental (Dodro) e outras 9 de AMIPA (Rois). Ademais, animounos a desfrutar das exposicións Diseñatas: Illas Atlánticas, da Fundación IgualArte, e Traballos Obradoiro de Coiro, da Asociación AVANTE, que ata o 12 de novembro poden visitarse no centro social polivalente.

Pola súa banda, Dani García ofreceu un pase da súa comedia Don Gellati, onde a expresión corporal substitúe ás palabras e onde a comunicación co público é constante e dinámica. Todo sobre unha historia sinxela sobre un vendedor de xeados que irá sufrindo unha serie de infortunios no seu carro dos xeados.

Ademais, o sábado 4 de novembro, ás 20.30h, o auditorio do Centro Social Polivalente acolleu a representación de Hugo, unha peza teatral cuxo protagonista é un cativo con TEA. O seguinte sábado, 11 de novembro, á mesma hora e no mesmo lugar, representarase a peza Ubú Rei, das usuarias de ONCE Ourense. Dúas citas abertas ao público familiar xeral.

A programación achegarase tamén aos centros escolares de Brión para concienciar ás novas xeracións das diversas realidades que acontecen ao noso redor e, sobre todo, para facerlles ver que ninguén é alleo a elas. Así, o luns 6 de outubro o alumnado de 3º da ESO do IES Brión desfrutarán de Soños, unha peza teatral de Artefeito Producións e IGAXES que fala sobre a situación das mozas e mozos tutelados e os estereotipos que os rodean.

Os máis cativos tamén poderán ver un Contacontos de Cris de Caldas chamado Contos para entender(nos) mellor, en dous pases o xoves 9 de outubro (ás 10:00 na Escola Infantil de Sabaxáns e ás 11:30 horas na Escola Infantil dos Ánxeles) e un terceiro pase o venres 10 de outubro no salón de actos do Polivalente para o alumnado de 1º e 2º de Primaria do CEIP de Pedrouzos.

Como broche final á programación do VI Festival Brión Inclúe, o domingo 12, a partir das 12.00 horas, celebrarase Sesión Vermú presentada por Andrea Bugallo que contará coas actuacións de Iguatuke, Minguante e Sophie Simonds.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.