A meteoroloxía adversa deixa máis de 1.100 incidencias desde a tarde do venres. Ribeira rexistrou 31 incidencias

05 Novembro 2023
Agrupación de voluntarios y servicio municipal de protección civil-RIBEIRA

Segundo informa Protección Civil de Ribeira onte rexistraronse 31 incidencias no concello polo mal tempo.

Asi interviron en:

👉Corta árbore en Oleiros.

👉Corta Árbore Avenida coruña onda o lidl.

👉Antena en edificio alcalde Fernández Bermudez

👉 Poste teléfono carreira.

👉 Poste teléfono Palmeira

👉Balsa de auga DP.7307 castiñeiras

👉Sinal na praza do concello

👉 Árbore Oleiros onda Carnicos Garcia

👉 Farola Corrubedo

👉 14 contenedores en distintos puntos do concello

👉 Estructura metálica en AC.550, Oleiros

👉 Minionda descolgada en Ribeira

👉Corta árbore de grandes dimensións a cal mantuvo cortada a AC.305 durante 4 horas en Palmeira

👉 Cable Telefónico en Carreira

👉 Cartel publicitario AC.550 en Xarás

👉 Ventás edificio desabitado en Aguiño

👉 Cableado tendido electrico en Corrubedo

👉 Cartel indicativo ITV en Xarás

Agrupación de voluntarios y servicio municipal de protección civil-RIBEIRA

Con respecto o resto de Galicia entre as 18 horas do venres e as 6 horas desta madrugada, o 112 Galicia rexistrou un total de 1.166 incidencias relacionadas co episodio de meteoroloxía adversa que afecta á comunidade galega. Nas últimas 12 horas foron 360.

No global, as árbores e pólas nas estradas supuxeron máis da metade dos casos relacionados cos fortes ventos e chuvias (659), seguidas das tarefas de prevención de risco por parte dos servizos de emerxencias (140) e os postes e cables nas vías de circulación (107) ou os restos de accidentes e derrubamentos de terra e pedras (38). En suma, as estradas galegas coparon a maior parte das incidencias rexistradas polo 112 Galicia.

Con todo, destacamos outras tipoloxías como os anegamentos en estradas (34), os derrubamentos (23), os anegamentos en vivendas (14) ou as bolsas de auga (11).

A provincia de Pontevedra sumou máis de 400 incidencias (438), polas 358 da Coruña. En Lugo (228) e Ourense (141) os efectos do temporal foron máis moderados, sobre todo nesta última provincia.

Por último, os concellos máis afectados estiveron nas provincias atlánticas: Vigo (47), Lalín (30), Pontevedra (25) e A Estrada (23), na de Pontevedra. Na da Coruña, Narón (32), A Coruña (19) e Santiago (17). En Lugo sobresaen Palas de Rei (11) e Lugo (17), e en Ourense, O Carballiño (11) e Celanova, con 6 casos contabilizados.

Incidencias destacadas
Nas últimas doce horas, os incidentes máis destacados que podemos mencionar teñen que ver coa caída de árbores nas estradas, como vén sendo habitual desde que comezaron a sentirse os efectos do episodio meteorolóxico adverso.

Rexistráronse varios accidentes de circulación relacionados deste tipo. A maioría, sen producirse danos persoais, como ocorreu no quilómetro 31 da OU-531, en Ramirás, na N-120A ao seu paso por Pantón ou na parroquia santiaguesa de Aríns.

Con todo, un condutor precisou asistencia sanitaria logo de caer unha póla sobre o seu coche cando circulaba polo quilómetro 29 da OU-531, en Celanova. Puido saír ao exterior polos seus propios medios e desde o 112 Galicia solicitouse a participación no operativo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos efectivos do GES de Terras de Celanova e da Garda Civil de Tráfico.

En Rubiáns, Vilagarcía, caeu unha árbore de grandes dimensións sobre un turismo estacionado no que había xente dentro. Por fortuna, non houbo que lamentar persoas feridas.

Logo, as árbores e pólas produciron incidencias no tráfico en vías como a A-55 (Vigo), a AG-46 (Moaña), a N-120 (Quiroga), a LU-540 (Viveiro), a AG-64 (Narón), a PO-221 (Campo Lameiro), a N-642 (Burela) ou a N-634 (Guitiriz). A maioría foron avisos de particulares que se atopaban con árbores obstaculizando ao menos un dos carrís de circulación.

Durante a tarde, o 112 Galicia tamén contabilizou varias incidencias relativas á caída de partes de fachadas á rúa. Ocorreu na rúa de Ramón Cabanillas (Moaña), onde un particular alertou dunhas chapas dun edificio que estaban a piques de desprenderse. Avisos similares rexistráronse en Xubia (Narón), onde caeron anacos da parede exterior dun inmoble sen causar danos persoais. Tamén na Coruña: particulares informaron ao 112 Galicia de cascotes  caendo na estrada e na rúa de San Amaro.

Por outra banda, o vento afectou aos tellados dalgunhas vivendas: unha cuberta caeu á beirarrúa, causando danos en coches estacionados na rúa de Brasil, en Noia. Tiveron que intervir os Bombeiros de Boiro e os axentes da Garda Civil.

Na mesma localidade, un particular indicou que lle saíra voando o tellado da terraza e esta comezaba a anegarse. Ocorreu na rúa República Argentina. 

As continuas chuvias tamén deixaron incidencias nas que tiveron que intervir os servizos de emerxencias: en Oubiña, Cambados, un vehículo quedou bloqueado no medio dunha bolsa de auga, e en Ribadumia un home foi auxiliado polos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. El mesmo alertara ao 112 Galicia de que estaba nunha estrada inundada e que o nivel da auga chegáballe á porta. Conseguiu saír do vehículo polos seus propios medios.

Tamén se contabilizaron anegamentos: o desbordamento dun río provocou o asolagamento de varios baixos comerciais e do casco urbano de Caldas de Reis, como informaban os voluntarios de Protección Civil da localidade. Outros avisos desta índole chegaron ao longo do día desde Salceda de Caselas, Ponte Caldelas, Pontevedra, Arbo ou Padrón.

Por último, a meteoroloxía adversa deixou zonas de diversos municipios sen luz, como Ferrol, Marín, Narón, en Lourizán, Folgoso do Courel, Cuntis, Vigo ou O Pino.

Precisamente neste último municipio, no Pino, un alertador particular comunicou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias que caera un raio nunha torre de alta tensión, deixando sen luz á área da Ponte Carreira. En Mos rexistrouse outro aviso pola caída dun raio, esta vez nun cadro de electricidade que ardeu sen causar danos maiores.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.