“Tino Grandío” – Xulio Xiz

03 Novembro 2023
Xulio Xiz

O Museo de Lugo vén de abrir unha sala dedicada ao pintor Tino Grandío, sendo importante noticia polo que o pintor significa para os lucenses, e polos cadros que se expoñen.

Tino naceu en Lousada de Guntín en 1924, e morreu en Madrid aos 53 anos. Como pintor gozou moi axiña de sona e acadou lugar de honra no panorama artístico de Madrid e de toda España. Foron triunfais as súas exposicións en Madrid, Barcelona, Lisboa, París, Alexandría, Múnic ou Nova York, e foi pintor querido e cotizado. Referencia especial en tempos foi o retrato que lle fixo a Franco, onde se apreciaba a importante decrepitude do ditador nun tempo no que un realismo así podería terlle creado problemas.

Se é importante a nova sala en si, tamén o é porque os cadros foron cedidos pola familia Figueroa, sendo Rosendo Figueroa, viúvo de Ana Codesal, o que entregou ao Museo 8 cadros e 8 debuxos do pintor, que de Pura Grandío, irmá de Tino, pasaron á súa filla Ana, e falecida esta o pasado ano, o viúvo cumpriu o desexo da súa dona de que as obras estivesen no Museo Provincial, nunha sala que honrase ao pintor.

Que un acontecemento coma este se produza, fainos pensar na grandeza das institucións que democratizan a cultura, posibilitando que a arte chegue a todos nós directamente ou a través da súa difusión. E tamén na responsabilidade dos posuidores de obras de arte que forman parte da nosa cultura para buscar xeito de compartilas con toda a sociedade.

Conxuntando eses dous elementos – servizo divulgativo á cultura e compartir con todos o patrimonio cultural privado – conséguese algo grande, do que na sala Tino Grandío do Museo temos boa proba.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.