A meteoroloxía adversa deixa máis de 1.200 incidencias na comunidade, segundo os datos recollidos polo 112 Galicia

02 Novembro 2023

Desde o mediodía do mércores ata as 18 horas do xoves o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias rexistrou un total de 1.265 incidentes relacionados cos episodios de meteoroloxía adversa que afectan a Galicia. Nas últimas doce horas contabilizáronse 709.

As relacionadas coa caída de árbores e pólas nas vías de circulación continúan a ser as máis frecuentes (766), seguidas das actuacións dos servizos de emerxencia para previr riscos, como pode ser a retirada de tellas soltas (136), dos postes e cables de luz ou electricidade nas estradas (135), os restos de accidentes e derrubamento de terra ou pedras (75) ou os carteis e sinais de tráfico desprazados (30). Os anegamentos en estradas (16) ou vivendas (12) foron menos frecuentes.

Por outra banda, a provincia máis afectada pola meteoroloxía adversa é a de Pontevedra, con 461 incidencias. Séguena A Coruña, con 444; Lugo, con 220, e Ourense, cun total de 133. Sete incidencias correspóndense con avisos pertencentes a outras comunidades autónomas.

Precisamente, na provincia de Pontevedra atópanse os tres concellos con máis incidentes rexistrados polo 112 Galicia: Vigo (49), A Estrada (39) e Pontevedra (37). Na Coruña destacamos Santiago (35), Ferrol (20) e A Coruña (17). En Lugo, Vilalba (16) e Lugo (18). Por último, en Ourense, Muíños suma 8 incidencias, Ourense 7 e San Cibrao das Viñas, 5.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.