A ofrenda cívica e segunda exposición na homenaxe a Valle- Inclán terán lugar no 4 de novembro

03 Novembro 2023


A mala previsión meteorolóxica obrigara a adia-la ofrenda cívica e inauguración da segunda exposición ao abeiro das XXV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán.
Agora xa hai nova data para ámbolos dous actos que quedaban pendentes. No sábado 4, ás 12.00 horas, estrearase na sala de
Iconografía do Museo Valle-Inclán a mostra “Locus amoenus”. Obxectos persoais do escritor, da colección de Xaquín del Valle-Inclán Alsina.
Posteriormente, ás 12.30 horas, a acción desprazarase ao Cantón da Leña coa tradicional ofrenda cívica e ruada a cargo de Trécola.
De haber mal tempo neste día, mantéñense as actividades, pero o transcurso será o seguinte: colocarase o arranxo floral a carón do monumento de Valle-Inclán e o resto do evento desenvolverase no interior da institución museística.

Ao acto asistirán membros da corporación municipal baixo a presidencia do alcalde, José Carlos Vidal, e da concelleira da Cultura, Patricia Lojo; o director xeral da Cultura, Anxo M. Lorenzo; o director do Museo Valle- Inclán, Antonio González; e o investigador Xaquín del Valle-Inclán Alsina.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.