Contabilizados máis de 80 incidencias por meteoroloxía adversa desde o mediodía

01 Novembro 2023

En total, foron 84 as rexistradas polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias entre as 12 e as 18 horas deste mércores. Cómpre sinalar que permanecen activas alertas de nivel laranxa por vento en terra e laranxa e vermello por fenómenos meteorolóxicos adversos no mar.

As incidencias relacionadas coas vías de circulación foron as máis repetidas, entre as que destacan as pólas e árbores (32), os cables da luz ou telefónicos (9) e os restos de accidentes e outros obstáculos (4).

Tamén se levaron a cabo múltiples intervencións dos servizos de emerxencias para evitar riscos maiores, cun total de 19 (entre as que se inclúen o apuntalamento de tellados ou a retirada temperá de vexetación).

A continuación, podemos mencionar os incidentes con material eléctrico (5) ou os anegamentos en vivendas e garaxes (2).

En canto ás provincias, a que máis sufriu os efectos da meteoroloxía adversa é a da Coruña, na que se rexistraron 35 incidencias, seguida de Pontevedra (28), Lugo (13) e Ourense (7).

Por último, os concellos da Coruña, Negreira e San Sadurniño (3) foron os máis afectados na provincia da Coruña. O mesmo ocorre con Vigo (3) e Vilagarcía de Arousa (2) en Pontevedra; con Ribadeo (2) e Viveiro (2) en Lugo e, por último, cos municipios de Castrelo de Miño (2) e Ourense (1) na provincia de Ourense.

Incidencias destacadas
Por fortuna, ningunha das incidencias por meteoroloxía adversa das que tivo constancia o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias ao longo desta tarde provocou danos persoais.

Non obstante, podemos destacar o ocorrido na zona da avenida das Mariñas, en Oleiros, que se quedou sen luz contra as 18 horas, como informaba un particular que contactou co 112 Galicia. Algo similar acontecía na aldea de Guntián (Carballo) vinte minutos despois.

En Laxe, un condutor chamou ao 112 Galicia ás 16:20 horas para alertar de que estaba circulando pola parroquia de Nande cando caeu unha árbore sobre o seu vehículo. El mesmo confirmaba que non resultara ferido.

Esta tarde rexistráronse outras incidencias relacionadas con árbores que interrompían a circulación, como unha que ocupaba un dos carrís da AG-64 á altura do quilómetro 20, en San Sadurniño. Nos lugares de Lusquiños (Pontevedra) ou de Outomuro (Cartelle, Ourense), os servizos de emerxencias interviñeron para retirar árbores que cortaban por completo a vía.

Por outra banda, na Coruña, os bombeiros municipais tiveron que saír a balizar un andamio que se estaba a mover polos efectos do vento. Isto ocorreu minutos antes das 17 horas, e no operativo tamén participou a Policía Local.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.