Adíanse os Xardíns Terroríficos do Samaín pobrense por mor do mal tempo previsto para a tarde

31 Outubro 2023

A mala previsión meteorolóxica para a tarde deste 31 de outubro motiva a decisión de adiar os Xardíns Terroríficos programados para a alameda da Pobra do Caramiñal ao abeiro do Samaín.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, apunta que esta actividade estaba configurada para o exterior e, debido ás súas características e dimensión, non resulta posible que se desenvolva nun lugar a cuberto. Engade que, unha vez se concrete unha nova data, esta será comunicada. As persoas xa inscritas non precisan facer ningún trámite a maiores. De desexaren modificar a súa matrícula deberán facelo a través do enderezo electrónico info@somosenredos.com.

O resto de propostas desta xornada continúa adiante por ser no toldo instalado na praza do Emigrante. A actuación infantil Movendo os Esqueletos a cargo de Animar-t terá lugar ás 19.00 horas e despois haberá chocolatada e obradoiros. Xa pola noite, unha sesión DJ achegará ritmo das 21.00 horas en diante.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

“Y la nave va” – Tonio Nóvoa

VIERNES. Vengo de una niña escapada de la escuela en la mañana de un viernes cualquiera. De una niña con un cartel de cartón. Vengo de una frase pequeña: “los adultos están jodiendo esto.” Nadie imaginó que esa calma terca cruzaría un océano agitando las olas, que una...