Rois abrirá o 23 de novembro as inscricións no programa de conciliación DiverNadal 2026-2027

17 Novembro 2026

O Concello de Rois abrirá o vindeiro luns 23 de novembro o prazo de inscrición no DiverNadal 2026-2027, un programa que facilita a conciliación familiar durante as vacacións escolares de Nadal. A actividade desenvolverase en Rois e Urdilde do 22 de decembro ao 7 de xaneiro, ámbolos dous incluídos, agás as fins de semana e os festivos.

A proposta está dirixida a nenas e nenos escolarizados a partir de 4º de educación infantil, incluído, e ofrecerá un total de dez días de servizo. As familias poderán seleccionar as xornadas nas que precisen participar, segundo as súas necesidades.

O horario será de 9.30 a 14.30 horas, coa posibilidade de amplialo co servizo de Amencer, de 7.30 a 9.30 horas. O prezo por día será de 6 euros no horario ordinario e de 6,50 euros no ampliado. O importe total calcularase en función dos días de asistencia solicitados.

O programa contempla unha bonificación do 15% para a matrícula dun segundo irmán ou irmá e para a inscrición na totalidade dos días ofertados. Tamén poderán acceder a unha bonificación do 15% as familias numerosas, monoparentais ou con algún membro de primeiro grao cunha discapacidade recoñecida superior ao 33%. As bonificacións non son acumulables.

As solicitudes poderán presentarse do 23 de novembro ao 11 de decembro a través da páxina web municipal, rois.gal. As prazas son limitadas e terán preferencia os menores empadroados en Rois.

Tamén se dará prioridade ás familias cuxos proxenitores ou representantes legais traballen, participen en actividades formativas convocadas polo Servizo Público de Emprego ou concorran a procesos selectivos de acceso a unha Administración pública durante o funcionamento do programa. Esta preferencia esténdese aos casos nos que os proxenitores ou representantes legais teñan unha discapacidade igual ou superior ao 65%, deban atender familiares de primeiro grao con ese mesmo grao de discapacidade ou teñan recoñecida a condición de coidadores familiares de persoas dependentes. Así mesmo, terán prioridade as familias usuarias dos Servizos Sociais municipais, previo informe técnico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Quiénes son los fascistas?” – Manuel Domínguez

“¿Quiénes son los fascistas?” – Manuel Domínguez

¿Quiénes son los facistas? Fascistas son los que te impiden hablar, los que te tiran piedras y golpean para callarte. Fascistas son lo que pintarrajean las facultades universitarias, cuna del pensamiento, libertades y boicoteen el derecho a tu libre expresión,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.